Saberás cando estás a entrar nunha aula dunha #EscuelaqueAprende cando as paredes falan e fan preguntas …, cando a aula se transforma nun museo de arte ou nunha jaima e se contan contos das “Mil e una noites”, ou aparecen cogumelos e pensas que estás nun bosque…, cando vexas estratexias de pensamento ou te atopes unha exhibición de produtos manufacturados… Ou cando te cruces cuns cuantos fíos condutores que deixen ver a temática do proxecto e vexas ao alumnado sentado por grupos, cooperando. En definitiva, cando a aprendizaxe se respira, se ve, e se sinte.

