
Hoxe o alumnado de primaria, secundaria e bacharelato, celebramos no noso colexio o Día Escolar da Paz cunha xornada chea de reflexión, participación e emoción. Ao longo da mañá realizáronse distintas actividades nas aulas para falar da importancia do respecto, da solidariedade e da convivencia.
O acto central tivo lugar no Salón de Actos, onde todo o alumnado se reuniu para escoitar mensaxes pola paz, ler manifestos e compartir cancións e palabras cheas de significado.
Foi un día especial no que aprendemos que a paz constrúese cada día con pequenos xestos e que todos e todas podemos contribuír a facer do colexio un lugar mellor.


