O pasado 27 de marzo celebrábase O Día Mundial do teatro por iso queremos felicitar á compañía Talía Teatro , amigos deste centro escolar polos premios recibidos na XXVIII Edición dos Premios de Teatro María Casares : “Unha inimiga do pobo’, de Talía Teatro, acadou sete dos nove galardóns aos que aspiraba: mellor espectáculo, dirección, adaptación-tradución, actriz protagonista, actor secundario, espazo escénico e iluminación. Parabéns a Artur Trillo director da compañía 
.

