Onte grazas ao Programa A Voz-Prensa Escola , o xornalista César Rodríguez achegouse ao colexio para falarnos das noticias falsas que asolagan as redes.
Ensinounos a detectalas e a ser críticos coa procura de información.Detrás de moitos influencers hai campañas de márketing que buscan vender ou publicitar produtos.O máis importante é contrastar a fonte e verificar se esa noticia é real.




