O pasado venres tivo lugar no colexio unha xornada marcada pola reflexión, a cultura e a espiritualidade.
Ás 12:00 h, celebrouse a lección inaugural do curso académico, impartida pola profesora Dna. Susana Ordóñez Dios. Baixo o título “Castelao, 75 anos despois: un legado que segue vivo”, a profesora ofreceu unha interesante e profunda análise da figura de Castelao, destacando a súa relevancia no pensamento galego contemporáneo e a vixencia do seu legado cultural e político.
Seguidamente, ás 13:00 h, tivo lugar unha misa solemne presidida polo Exmo. e Revdmo. Sr. D. Francisco José Prieto Fernández, nun acto cargado de simbolismo e espiritualidade, no que se pediu pola comunidade educativa e polo bo desenvolvemento do novo curso.
Foi unha mañá chea de contido e significado, coa que se deu comezo oficial ao novo ano académico.


