A semana pasada tivemos con nós a Rafa, Martín, Brais e Fran, da Delegación de Infancia e Xuventude, que se achegaron ata o Seminario para presentarnos un dos pratos fortes de este Ano Santo Compostelán: a Peregrinación Europea de Mozos.
Trátae dunha actividade que traerá a milleiros de mozos este verán ata a nosa cidade, tras percorrer os distintos camiños que chegan a Compostela, co obxeto de compartir a súa fe, durante varios días, en torno á tumba do Apóstolo.
Estes catro rapaces compartiron con nós a súa experiencia, tras rematar unha etapa fundamental da súa formación: dous acababan de aprobar o MIR e esperan incorporarse ao seu posto de traballo nos vindeiros meses e outros dous están na espera de comezar novos estudos. E mentres tanto, decidiron adicar con total disponibilidade e entrega estes meses a difundir e animar a participar neste gran encontro.
Dámoslles as grazas por achegarse ata nós. Continuaremos coa difusión e a oración polos froitos da PEJ. Seguro que varios poderemos participar coma voluntarios e disfrutar desta oportunidade.