Como cada ano, o pasado venres acudimos á nosa cita co Festival Internacional Galicreques, que vai xa pola súa XXVI edición. O alumnado de 1º e 2º da ESO asistiu á representación do espectáculo Leonardo e os biosbardos, adaptación da obra de Eduardo Blanco Amor Os biosbardos, da compañía galega A xanela do maxín.
Baixo a apariencia dunha obra infantil, latexan temas universais: cómo afrontar os medos, qué é realmente ser valente, non renderse, vencer as adversidades e plantarlle cara aos problemas. Temas todos eles sobre os que vale a pena reflexionar e así o faremos nas próximas clases.
Begoña Campaña