Na igrexa de Santo Domingos de Bonaval ten lugar unha mostra chamada «Alba de Gloria de Castelao. Unha experiencia» que o martes día 12 os alumnos de 4º da ESO primeiro e os de 2º de Bacharelato despois tivemos a sorte de visitar. Coa axuda da tecnoloxía e as maxistrais explicacións de Xesús, guía da mostra, tivemos a ocasión de viaxar no tempo e no espazo chegando ao 25 de xullo de 1948 en Bos Aires. Disfrutamos do discurso que o célebre rianxeiro legou coma cumio da oratoria galega.
Grazas a poderosa imaxe dunha Santa Compaña lembramos a moitos homes e mulleres que iluminaron a historia de Galicia, entre eles admiramos ao noso patrón san Rosendo “que sostén liturxicamente a custodia do noso escudo tradicional”, e descubrimos que con eles tamén vai unha “moitedume infinda de luciñas” que nos animan tamén a nos a formar parte dela e ser “o substractum insobornable da nosa Patria”.
Dende aquí animamos a todos a visitar esta mostrar e percorrer sinxela pero intensamente a historia do noso pobo e así “a fogueira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a fogueira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares”.
“E nada máis, amigos e irmáns”.