Un ano máis, e xa van seis edicións, iniciamos o Camiño de Santiago, distribuido en dez etapas ao longo do curso. Nesta ocasión percorreremos o camiño do norte, dende Ribadeo.
Animamos dende aquí a participar tanto a alumnos e profesores, como a persoal da casa, familias e todos aqueles que se sientan vinculados dalgún xeito a esta institución.
Este sábado, día 19, xuntarémonos no Seminario Menor ás 8:00 h. para sair en autobús ata a vila de Ribadeo e percorrer a pe o tramo correspondente ata Gondán, voltando ao seminario en torno ás 20:00 h.
Para participar tan so é necesario levar a comida e anotarse no siguiente correo: santiromero@smasuncion.es
Trátase dunha actividades gratuita, se ben todos colaboraremos para pagar os gastos do autobús que nos achegue ata o destino



