logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Libros de texto curso 2026/2027.
      • Material escolar curso 2026/27.
      • Libros de lectura curso 26/27.
      • Adquisición de libros de texto e material escolar.
    • INFORMACIÓN BOLSAS DE ESTUDO MEC 26/27 CONVOCATORIA XERAL
    • Coñece o noso centro.
    • Matrícula curso 2026-2027.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
      • Primeira xornada da Semana Cultural.
      • Segunda xornada da Semana Cultural.
      • Terceira xornada da Semana Cultural.
      • Xornada na honra de San Rosendo.
      • Xornada do venres: Saúde e deporte.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • Triunfo del equipo de bádminton del colegio.
      • Fases finais de bádminton.
      • Triunfo no Campionato Galego.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Día do Seminario.
    • Peregrinación do alumnado de 1º de Bacharelato.
    • Celebración Penitencial (CORESMA 2026).
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
  • Biblioteca
  • Extraescolares oferta 2026/27

Archivos de Etiquetas: arte

Clase no Obradoiro

Publicada en 28 de abril de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

A pasada semana tivemos a clase de Historia da Arte, sobre arquitectura barroca, a pé de rúa.

Que mellor lugar para explicar a fachada do Obradoiro e as características do barroco galego que na propia praza e paseando pola nosa zona vella.

O lugar privilexiado no que nos atopanos permítenos saír e ter estas clases moito máis produtivas e agradables.

Teresa Puy

Exposición fotográfica

Publicada en 21 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

No contexto da Semana Cultural, dabamos apertura a unha interesante exposición fotográfica sobre persoas, costumes, lugares e obxetos que conforman as parroquias da nosa diocese compostelá. Foi elaborada a partir dun amplo reportaxe levado a cabo por D. Salvador Ares, que foi, no seu día, profesor do noso Seminario.

O profesor Salvador Luís Ares Espada, eumés nacido no ano 1928 e falecido en 2012, licenciouse en Filosofía e Letras na Universidade de Alcalá e obtivo o seu doutoramento no ano 1954 na Universidade de Bolonia ca tese Il Soggiorno spagnolo di Luca Giordano. Posteriormente, no Colexio Español de Munich, formouse en Filosofía. No Seminario Conciliar Compostelán completou o seu currículo cos estudos de Teoloxía, que o levaron a ordearse como sacerdote da diocese compostelá o 4 de agosto de 1963. Ao comenzo da década dos setenta foi nomeado delegado da Comisión Diocesana de Arte Sagrado. Precisamente como membro desta comisión, o xa profesor do Instituto Teolóxico Compostelán e da facultade de Filosofía e Letras da USC, comenzou os traballos para elaborar un inventario de bens mobles da diocese: percorreu as parroquias documentando fotograficamente os bens artísticos que atesouraba cada unha. Este proxecto supuxo un traballo formidable: o profesor Ares Espada elaborou un detallado inventario fotográfico no que se incluíron, ademais de vistas interiores e exteriores dos templos, a relación de retablos, a imaxinería e o enxoval litúrxico. 

Mais a cousa non quedou aquí: o fin para o cal foron tomadas estas imaxes marcou un sentido de progresión na súa linguaxe fotográfica; se ben buscaba protexer o patrimonio dunhas parroquias que comenzaban a esmorecer debido ás emigracións económicas da década dos setenta, captou o momento de cambio que vivía a cultura popular en Galicia: nesta década de transformación política, rexurdimento cultural e social, deixou constancia do inicio dese proceso de mudanza na sociedade do país, conseguindo que o fotografado chegase a ser documento gráfico, histórico e mesmo artístico. Velaí os retratos -case psicosociolóxicos- dos veciños das parroquias, que amosan como a súa ollada transitou da mera actitude reprodutiva dos obxectos, as persoas ou os microacontecementos da vida cotiá a unha actitude creativa, facendo certo o aforismo hegeliano de que a estética non está na Natureza, senón que é unha conquista do espírito. A súa obra vai alén do valor documental ou fotoxornalístico e chega a obter unha vocación interpretativa e expresiva innegable.

A Biblioteca e Arquivo Histórico Diocesano levou a cabo durante este pasado ano 2022 un primeiro paso ca dixitalización e catalogación de 6.946 negativos de 35 milímetros da colección composta por 35.000 imaxes; traballo que o Arquivo agarda continuar nos próximos anos. Esta colección fotográfica fora legada polo profesor Salvador Ares ao director do Arquivo Histórico Diocesano, D. Salvador Domato, que a depositou no Arquivo. 

Foi precisa unha paciente labor de escaneado para proceder despois ao retoque das imaxes obtidas en soporte dixital mediante programas de edición; unicamente co obxectivo de eliminar po, raiaduras ou mesmo algúns defectos do revelado, aínda que mantendo o espírito das imaxes e conservando incólumes os orixinais.

Mercé á convocatoria do programa de subvencións a fundacións e a entidades sen fins de lucro da provincia da Coruña, titulares de museos, centros de interpretación e bibliotecas para o desenvolvemento de actividades culturais durante o ano 2022 da Deputación da Coruña (FO200/2022) e tamén, sen dúbida, ao apoio, comprensión e paciencia do Excmo. Sr. Arcebispo D. Julián Barrio Barrio foi posible todo o proceso que culmina nesta exposición.

Retratados y retratistas

Publicada en 10 de marzo de 2023 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Los alumnos de cuarto de la ESO han estado estos días practicando el difícil arte del retrato y hay que decir que alguno de ellos ha descubierto un talento oculto que nos ha sorprendido a todos.

Todos han sido retratados, para lo que han posado, con una paciencia de lo más profesional, y retratistas, estudiosos de las proporciones y de las luces y las sombras.

¿Sabías que entre ojo y ojo cabe un ojo? ¿O que esa misma medida coincide con el ancho de las aletas de la nariz? Si no lo crees mírate al espejo, o ¡ven a clase de EPV!

Teresa Puy

Inmersión lingüístca Irlanda 26/27

Comedor Escolar.

« ‹ de 4 › »

Viaxe a Roma

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
  • 1
  • 2
  • 3
  • …
  • 15
  • Siguente
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR