No contexto dos actos da festa de San Martiño de Tours e co gallo da Xornada das Persoas sen Fogar, o Seminario Maior da nosa diocese ven de organizar unha nova edición da Cea Solidaria.
Trátase dunha sinxela cea na que cada comensal aporta 15 euros para que Cáritas diocesana continúe na súa tarefa de coidar e proporcionar recursos ás persoas que se atopan nesta situación. Ademáis, son moitos os comercios e institucións que aportan agasallos que son sorteados durante a velada entre aqueles que desexen mercar as rifas e contribuir tamén, co seu gasto, ao mesmo fin.
Dende o Seminario Menor sempre nos animamos a participar un bo grupiño de profesores, persoal e familias. Dado que as prazas son moitas, pero limitadas, recomendamos anotarse canto antes no seguinte correo: santiromero@smasuncion.es