Despois das últimas comunicacións da Consellería de Educación, nas que deixa nas mans de cada centro a posibilidade de cambiar ou non os libros de texto nos cursos onde se iniciará a LOMCE, o Seminario Menor ven de decidir que manterá os mesmos manuáis a lo menos durante o vindeiro curso.
Do mesmo xeito recollemos aquí algunhas indicacións sobre as Axudas para á adquisición de libros e o Banco de libros de texto. Con respecto a este segundo apartado, recordamos que, xunto aos libros que deben ser entregados obrigatoriamente por aqueles alumnos que disfrutaron do chamado Cheque axuda, e omo se ven realizando nos últimos anos, o Seminario Menor agradece ás doacións de aqueles libros que as familias, libremente, queran poñer á disposición do centro para axuda de outros alumnos.
INFORMACIÓN AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-2016.
Estimadas familias:
Poñémonos en contacto con vos para informarvos das axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2015/2016 da Consellería de Educación. Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).
a) AXUDAS para a adquisición de libros de texto:
Requisitos para acollerse a esta convocatoria:
- Estar matriculado en 1o e 3o de educación secundaria obrigatoria durante o curso escolar 2015/2016.
- Tamén poderá acollerse a estas axudas o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, matriculado en 3o e 5o de educación primaria ou en 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria que non empregue os libros de texto do curso no que estea matriculado.
- Ter devolto os libros de texto adquirido coas axudas do curso 2014/2015.
Lugar e prazo de presentación:
No propio Centro, ou no enderezo da Consellería: www.edu.xunta.es
As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno.
Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.
Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.
Documentación:
A documentación que hai que achegar nas ensinanzas e cursos obxecto desta convocatoria é a seguinte:
- Solicitude (ANEXO I) por duplicado.
- Copia do DNI/NIE.
- Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
- No caso de discapacidade de algún membro da unidade familiar, documento acreditativo.
- No caso de pais separados/divorciados, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
Contía das axudas:
– Familias monoparentais:
- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 180 euros.
- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.
– Resto das familias:
- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros.
- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.
b) FONDO SOLIDARIO de libros de texto:
- Ensinanzas e cursos aos que afecta: 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria.
- Normativa: Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).
Requisitos para acollerse a esta convocatoria:
* Estar matriculado en 3o e 5o de educación primaria ou 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2015/2016
* Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/2015.
Presentación de solicitudes para o fondo solidario: Do 22 de xuño ata o 30 de xuño. Na Secretaría do Centro.
Documentación: (orixinais e copias)
- Solicitude do Anexo I
- Fotocopia do libro de familia completo.
- No caso de pais separados/divorciados, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
- No caso de discapacidade de algún membro da unidade familiar, documento acreditativo
Resolución do fondo solidario e distribución dos libros de texto.
Resolución provisional.
O 7 de xullo publicarase a resolución provisional do fondo solidario de libros de texto que consistirá en:
En 3o e 5o de educación primaria: unha asignación libros/alumno.
En 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria, unha relación de solicitantes e un listado de libros dispoñibles.
Resolución definitiva.
A resolución definitiva do fondos solidaria publicarase o 15 de xullo para educación primaria e o 15 de setembro para educación secundaria obrigatoria.
Obriga de devolver. Todo o alumnado beneficiario de axudas no curso 2014/2015 ten a obriga de devolver os libros no centro docente antes do 19 de xuño, excepto que teña algunha materia pendente poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 4 de setembro.
De igual xeito procederá co alumnado que teña que devolver algún libro en setembro, sendo o prazo, neste caso, o 9 de setembro.
Para calquera dúbida dirixirse á Xefatura de estudos ou Secretaría.