Nos primeiros días do mes de agosto chegaba ata nós a triste nova do pasamento de D. Xan.
Foron moitos (alumnos, sacerdotes e compañeiros destes anos) os que nos fixeron chegar as súas condolencias a gran familia do Seminario e a súa propia de sangue, o tempo que tamén adiantaban que lles era imposible participar nas honras fúnebres e que avisaramos no caso de celebrarse un funeral propio en Belvís.
Seguindo esa petición, convidamos a tódolos que se podan unir a participar na celebración eucarística que teremos o vindeiro martes, día 3 de novembro, ás 17:00 horas, na capela do Seminario Menor. Será unha boa ocasión para dar grazas ao Señor por todo o que nos regalou na figura de D. Xan e seguir pedindo polo seu eterno descanso para que, xa na presenza do noso Deus, interceda por esta gran comunidade de Belvís.



