Archivos de Etiquetas: curso 2020-21
Inaugurado o Curso 2020-2021 no Seminario Menor
Nunhas circunstancias especiales marcadas pola COVID, o Seminario Menor arrancou un novo curso escolar. E fixoo, como non podía ser menos, cunha sinxeleza que en ningún momento foi incompatible coa solemnidade merecida.
Facía moito que profesores e alumnos non se vían as caras. Foi, polo tanto, un xornada de reencontros no que a distancia social non foi quen de impedir o sentimento de familia entre a comunidade educativa.
Tras unha chegada ordenada ao centro escolar, a primeira clase estivo adicada a coñecer a normativa propia deste tempo que nos tocou vivir, deixando espacio na segunda hora para repasar o funcionamento das aulas virtuais. A celebración da Santa Misa foi o acto central do día antes do descanso de media mañá.
A partires das 12:00 horas, o Acto académico fíxonos rememorar o curso pasado con toda a súa riqueza e certa nostalxia. Nostalxia tamén debeu de ser o sentimento que se respirou cando o profesor García Mata recordou na Lección inaugural os seus cincuenta anos entre nós. O propio título xa nos deixaba algunha pista: Ano Xubilar… Ano de xubilación.
Recorda que podes ver as instantáneas na sección fotográfica ou nas redes sociais.
Inicio das clases
Na mañá deste venres, a Consellería de Educación comunicou que pospón o inicio do curso escolar para os alumnos de Secundaria e Bacharelato.
No caso do Seminario Menor, o comezo das clases, que estaba previsto para o mércores 16, trasládase ao mércores 23 de setembro. Ese día darán comezo todos os alumnos dos distintos cursos de ESO e Bacharelato.
Nos vindeiros días, as familias recibirán a través dos seus correos electrónicos e da prataforma Educamos, información máis detallada sobre a organización do curso.