Archivos de Etiquetas: deportes
Campionato de Tenis de mesa
Durante o pasado mes de outubro celebrouse un campionato de Tenis de mesa a nivel interno no noso Seminario Menor. Nel participaron preto de 20 alumnos que competiron durante os recreos das mañás, pasando por sucesivas probas eliminatorios.
Queremos dende aquí felicitar a Alejandro Blanco e Esteban Mirás, campión e subcampión (respectivamente) deste que foi o primeiro dos torneos deportivos que se sucederán ao longo do curso. Xa estamos pensando no seguinte…
Antes de emprender a viaxe… toca equiparse!!!
Cando temos en mente algún proxecto interesante, coma pode ser unha viaxe, afanámonos en telo todo preparado con antelación, para que o máis mínimo detalle que nos faga falta poda estar ao alcance da nosa man.
Tamén ao comezar un novo curso é necesario ter preparada a nosa maleta de viaxe; unha maleta que debemos encher de ilusións, planificación, folgos e humildade para deixarse facer e acompañar. Pero na que tampouco podemos olvidar eses outros elementos máis materiais que tamén son precisos no camino.
Conscientes de todo isto, durante a semana pasada afanábamonos en preparar libretas, libros de texto, diccionarios, biblia e todo o material escolar. Foron moitos os que adquiriron na propia librería do Seminario diverso material, pero moitos máis os que se aproveitaron do Banco de libros que durante estes anos, dunha forma desinteresada, foron elaborando alumnos e familias. Un total de 211 libros repartidos entre 45 alumnos de diversos cursos, o que supón un aforro considerable para as economías domésticas.
Por outra banda, durante estes días tamén se está a repartir a equipación deportiva corporativa, que utilizamos nas diversas visitas que realizamos dentro e fora da cidade de Santiago. Non é soamente para os alumnos de recente incorporación, senón tamén para aqueles outros, xa veteranos, pero que van medrando ano tras ano.
Non podemos olvidar as esperadas axendas escolares do Seminario; esperadas, non precisamente para anotar as tarefas, senon para buscarse e descubrirse nas diversas fotografías que salpican este documento interno. Xa foron repartidas entre algún cursos, e nos vindeiros días chegarán a todo o alumnado.
O dito… Toca equiparse!!!
Semana das Letras
Co gallo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Mª Victoria Moreno, o Seminario Menor acolle unha serie de actividades dirixidas, principalmente, ao alumnado, pero nas que tamén poden participar as familias. Pasamos a sinalalas a continuación.
Exposición sobre a Figura e obra de Mª. Victoria Moreno e de Poesía destructiva, organizada polos Departamentos de E. Plástica e V. e de Lingua e Literatura Galega. Pódese visitar durante toda a semana no Claustro do Cardeal.
Conferencia sobre Mª. Victoria a cargo de D. Xavier Senín, exdirector xeral do Libro da Xunta de Galicia e antigo alumno do noso centro. Será no salón de actos, a partires das 10:00 h. do martes.
Andaina e visita da Exposición sobre fondos de ABANCA e Afundación, na Cidade da Cultura. Dita actividade terá lugar nas horas centrais da mañá do mércores.
O xoves, Día das Letras, algúns dos nosos alumnos participarán xunto a varios centos de escolares na Carreira das Letras organizada na Cidade da Cultura. Será tamén a Xornada das familias de internos, con diversos actos que darán comezo ás 11:00 h. e culminarán coa celebración da Santa Misa e o Xantar de confraternidade.
Por último, o venres 18 de maio despediremos aos alumnos de 2º de Bacharelato. Farémolo coa Celebración Eucarística de acción de grazas na que tódolos alumnos e familias nos xuntaremos a partir das 11:30 h. Tras un breve descanso, o Acto Académico dará comezo ás 12:50 h.
Esperamos a vosa participación!!!!
Una imagen vale más que mil palabras
Si es cierto que una imagen vale más que mil palabras… ¿Cuánto no pueden valer unos vídeos de nuestra Semana Cultural?
Si copias los siguientes enlaces, podrás disfrutar de los cuatro vídeos que resumen lo vivido durante esta última semana.
https://quik.gopro.com/v/PUou7tsUZ8/
https://quik.gopro.com/v/4pjNXSmXiG/
https://quik.gopro.com/v/IkUCQNrBAF/
https://quik.gopro.com/v/O4BNpIpqip/