Archivos de Etiquetas: navidad
Iniciamos o Advento!!!
Y se desarmó el belén
Xa van alá varias semanas dende que concluímos o tempo de Nadal e, polo tanto, varias semanas dende que empezamos a recoller todos os adornos que durante eses días nos acompañaron no Seminario.
Todos? Mellor dito, case todos… Quixemos deixar ata esta semana o gran belén que se sitúa na sala de lectura e que preparamos durante os últimos días do primeiro trimestre.
A razón desta tardanza? Pois que este ano decidimos deixalo ata a festa da Presentación do Señor que celebramos o pasado día 2 de febreiro. Xusto corenta días despois do Nadal recordamos a última das efemérides relacionadas co nacemento de Xesús: a súa presentación no templo de Xerusalén.
Deixámosvos neste enlace algunhas fotografías deste gran traballo realizado entre diversos membros da nosa comunidade educativa.