A Santa Sé acaba de facer público o nomeamento de d. Jesús Fernández González como novo obispo da diocese de Astorga.
Unímonos a toda a nosa comunidade diocesana na felicitación e a oración por esta nova encomenda ao que nos últimos anos foi obispo auxiliar nesta Igrexa local.
D. Jesús mostrouse sempre cercano ao noso Seminario Menor, visitándoo en diversas ocasións e interesándose polo noso día a día, non soamente nos días sinalados, senón tamén en outros momentos mais distendidos coma na visita que realizaba á comunidade de internos no pasado mes de marzo, días antes da suspensión das clases.
Felicitamos dende aquí tamén a Igrexa de Astorga por contar dende agora con este bo pastor, que deixa unha fonda pegada en todos nós. Seguro que tamén eles se sentirán bendecidos a través do seu ministerio episcopal. Esa é a nosa experiencia.