No medio destes días de zozobra e incertidume, tamén hai boas noticias coas que toda a nosa comunidade diocesana se felicita.
Tal é o caso do acontecido onte no noso Seminario Maior. Dous dos nosos compañeiros, Callistus e Santiago, recibían o sacramento da orde sacerdotal para servires a nosa Igrexa particular coma diáconos.
Foi nunha ceremonia privada, a causa do coronaviros, na que tan só puideron estar presentes unha ducia de persoas, pero á cal todos procuramos unirnos dende a oración fraterna. Noraboa a ámbolos dous neste novo paso cara a ordenación presbiteral!!