(Pincha sobre a imaxe para acceder á circular enviada ás familias)
Archivos de Etiquetas: padres
Horario de estudo
Antes de emprender a viaxe… toca equiparse!!!
Cando temos en mente algún proxecto interesante, coma pode ser unha viaxe, afanámonos en telo todo preparado con antelación, para que o máis mínimo detalle que nos faga falta poda estar ao alcance da nosa man.
Tamén ao comezar un novo curso é necesario ter preparada a nosa maleta de viaxe; unha maleta que debemos encher de ilusións, planificación, folgos e humildade para deixarse facer e acompañar. Pero na que tampouco podemos olvidar eses outros elementos máis materiais que tamén son precisos no camino.
Conscientes de todo isto, durante a semana pasada afanábamonos en preparar libretas, libros de texto, diccionarios, biblia e todo o material escolar. Foron moitos os que adquiriron na propia librería do Seminario diverso material, pero moitos máis os que se aproveitaron do Banco de libros que durante estes anos, dunha forma desinteresada, foron elaborando alumnos e familias. Un total de 211 libros repartidos entre 45 alumnos de diversos cursos, o que supón un aforro considerable para as economías domésticas.
Por outra banda, durante estes días tamén se está a repartir a equipación deportiva corporativa, que utilizamos nas diversas visitas que realizamos dentro e fora da cidade de Santiago. Non é soamente para os alumnos de recente incorporación, senón tamén para aqueles outros, xa veteranos, pero que van medrando ano tras ano.
Non podemos olvidar as esperadas axendas escolares do Seminario; esperadas, non precisamente para anotar as tarefas, senon para buscarse e descubrirse nas diversas fotografías que salpican este documento interno. Xa foron repartidas entre algún cursos, e nos vindeiros días chegarán a todo o alumnado.
O dito… Toca equiparse!!!