Archivos de Etiquetas: personal
Neste Día da Muller
Durante a pasada semana, ante o anuncio da incorporación de alumnas no vindeiro curso, o Seminario Menor acaparou a atención de diversos medios informativos, nos formatos dixitais, de prensa, radio ou televisión.
Pode parecer que a figura da muller irrumpirá con forza na nosa institución a partir do curso 2021-2022. Mais as mulleres levan sendo unha parte fundamental do noso Seminario dende as orixes. Foron precisamente as mulleres, neste caso as Fillas da Natividade de María, as primeiras en habitar este edificio cando todavía estaba en construcción, saíndo ao paso das necesidades máis urxentes naquel momento.
Dende entón, foron moitas as que se incorporaron coma persoal de cociña, de limpeza e coma profesoras. Non podemos entender o que somos sen rendir un xusto homenaxe ás que estiveron e están, ás que fan posible o noso día a día.
Sirva este vídeo coma un sinxela homenaxe e recoñecemento a todas elas. Graciñas!!!
Retomabamos o Camiño!!!
Este sábado 17 de outubro tiñamos pensado retomar o Camiño de Santiago para intentar acabar as etapas que non demos acabado o curso pasado. Nesta ocasión era o tramo comprendido entre A Roxica e Sobrado dos Monxes.
Recordamos que esta iniciativa está aberta a todos: alumnos, profesores, persoal non docente, familias e amigos do Seminario Menor. Para inscribirse soamente é necesario escribir un correo a santiromero@smasuncion.es
Tendo en conta as últimas indicacións das autoridades sanitarias, que desaconsellan as actividades ao aire libre, aínda sendo no exterior, aprazamos esta cita. Deus mediante, teremos ocasión de intentalo o sábado 21 de novembro, no mesmo horario. Vémonos nesa data.



