Archivos de Etiquetas: redes
En vacacións… seguimos en contacto
Acabamos de iniciar un período de vacacións con fin de descansar e recuperar forzas para afrontar un novo curso escolar e preparar o curso de verán.
Malia que moitos dos que formamos esta institución estaremos embarcados noutras actividades propias deste tempo, non queremos marcar un mes de silencio no que se refire a cuestións de tipo administrativo nin informativo: a secretaría do centro sigue aberta en horario de mañá e a páxina web e redes sociais seguirán activas.
Con respecto a esta última cuestión, propoñémosvos un pequeno reto. Hai uns meses, o Seminario Menor abriu un conta de Instagram que ven a sumarse ás outras contas propias de Facebook e Twitter. Pódena atopar en smenorasuncion.
Durante este mes de xullo, iremos colgando cada día unha foto dun rincón ou un aspecto da vida desta institución. Pode ser unha boa ocasión para coñecer dunha forma visual algúns lugares do edificio aos que normalmente non temos acceso ou que pasan desapercibidos. Quen se anima?