Archivos de Etiquetas: semana cultural
Honrando a San Rosendo
A situación sanitaria marca o rumbo do curso e obríganos e refacer constantemente os nosos plans… mais non a abandonalos.
Todos tiñamos claro que a Semana Cultural de San Rosendo non podía celebrarse no formato doutros anos. As conferencias, exposicións, visitas, celebracións e obradoiros ós que xa estamos acostumados non se poderían levar adiante, pero iso non impedía que nos detiveramos por uns instantes para honrar ao noso patrón.
Con tal motivo, a xornada do luns acolleu, no medio da rutina das clases, a celebración da Santa Misa presida polo noso Arcebispo. Foi unha celebración familiar, pero chea de solemnidade, na que D. Julián invitounos a mirar o futuro con esperanza. Que importante é ter clara a nosa meta e camiñar cara ela con paso firme!
Tamén houbo espazo para unha ilustrativa conferencia de D. Juan Monterroso, da USC, sobre toda a realidade que esconde detrás o Camiño de Santiago, un camiño que te meta e que marca o rumbo de milleiros de peregrinos que atoparon nesta experiencia de encontro con Deus, un forte enriquecemento cultural e humano.
O dito, refacendo plans e calendario, pero sen renunciar a honrar ao noso co-patrón como se merece.
Encontro de Antigos Alumnos
Preto de un centenar de antigos alumnos do Seminario Menor congregáronse no colexio de Belvís para poñer fin a unha Semana Cultural de San Rosendo cargada de actividades.
Tratouse dun sinxelo encontro para volver a verse as caras os que ao longo destes setenta anos pasaron polas súas aulas. Moitos deles foron no seu día alumnos internos, polo que disfrutaron ao volver a percorrer as habitacións, corredores, capelas, biblioteca e outras tantas salas deste magno edificio que acaba de ser incluído no catálogo de Patrimonio Cultural de Galicia.
A celebración da Santa Misa, na que se tivo un especial recordo de aqueles que xa faleceron, dou paso a unha comida de confraternidade que se prolongou ata media tarde.
A Semana Cultural do Seminario Menor concluíu, pero aínda agardan outras actividades neste mes de marzo, coma a xornada de portas abertas do 19 de marzo que, no pasado ano, congregou a máis de cincocentos visitantes.


