Archivos de Etiquetas: semana cultural
Encontro de Antigos Alumnos
Dentro das actividades da Semana Cultural, tódolos anos ofertamos a posibilidade de atoparnos alumnos de tódalas promocións do Seminario. Trátase dunha xornada de confraternidade na que coincidiremos alumnos, mestres, persoal e amigos que foron e son do Seminario Menor dende a súa creación ata os nosos días.
Conscientes de que varias promocións reúnense de forma privada durante o curso, quere ser este un encontro interxeracional no que tamén haxa un lugar destacado para os que agora fan 25 ou 50 anos dende a súa marcha.
O encontro terá lugar o sábado 2 de marzo (ao día seguinte da festividade de San Rosendo) a partires das 11.30 horas. Teremos tempo para un sinxelo acto de homenaxe e recordo no Salón de actos ás 12:30. A continuación celebraremos a Santa Misa dando grazas a Deus e pedindo polos que xa non están, para concluires co xantar de confraternidade no propio Seminario Menor.
Aínda que a cita xa está institucionalizada dende fai varios anos e levamos meses facendo contactos con diversa xente, urxe, por cuestións organizativas, concretar o número de comensales para ese día. Disfrutaremos dunha comida típica destas datas na que non faltará de nada: un cocido de Entroido. O precio por persoa será de 25 euros e para anotarse poderemos utilizar dous medios:
- Chamando directamente á portería do Seminario, entre as 9:00 e as 16:00 h. O número de teléfono é o 981 58 92 00.
- Escribindo un correo electrónico a semda@smasuncion.es
Recordemos que o prazo de inscripción para o xantar remata o domingo 24 de febreiro. Afardámoste!
Una imagen vale más que mil palabras
Si es cierto que una imagen vale más que mil palabras… ¿Cuánto no pueden valer unos vídeos de nuestra Semana Cultural?
Si copias los siguientes enlaces, podrás disfrutar de los cuatro vídeos que resumen lo vivido durante esta última semana.
https://quik.gopro.com/v/PUou7tsUZ8/
https://quik.gopro.com/v/4pjNXSmXiG/
https://quik.gopro.com/v/IkUCQNrBAF/
https://quik.gopro.com/v/O4BNpIpqip/