O pasado venres, os alumnos de Economía de 4º ESO e 1º BACH, tiveron a oportunidade de coñecer a Axencia Tributaria, primeiro explicáronnos a que ían destinados os nosos impostos, cal é o IVE e a comparación con outros países, o funcionamento da tributación das Pemes e a que se encargan desde o edificio de Facenda, sendo un dos máis punteiros en tecnoloxía de Galicia. Despois presentáronnos ao Director, ensináronnos os despachos, coñecemos a varios traballadores que nos contaron a súa experiencia, fomos aos puntos de acceso ao cidadán e por último explicáronnos cal é o funcionamento da Cl@ve. Moitas grazas a Reme por tratarnos tan ben.

