logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto

José Gil, fotógrafo e pioneiro do cine

Publicada en 28 febrero, 2019 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Dicía o escritor Manuel Rivas que o Pórtico da Gloria é a primeira gran película da humanidade. Rodada en pedra, iso si. Aí está todo, en panorámica, desde o Alfa ata o Omega. O que Shakespeare chamaría “o gran escenario da humanidade”, pero labrado en granito e elevándose polo  traballo da luz. O gran biopic de Xesucristo, di con ironía. E é que o realismo das imaxes  é tal que a propia Rosalía de Castro preguntábase :

¿Estarán vivos? ¿Serán de pedra

aqués sembrantes tan verdadeiros,

aquelas túnicas maravillosas,

aqueles ollos de vida cheos?

Sen embargo as primeiras imaxes en movemento non chegarían a nós ata finais do século XIX.  Sinálase como nacemento do cine a primeira proxección pública que fan en París en 1895 os irmáns Lumière. As cámaras Lumière comercializáronse  en 1897 e a partir daí temos en Galicia a primeira gravación realizada por parte dun fotógrafo francés asentado na Coruña, Joseph Sellier. Estas primeiras gravacións teñen una duración breve , dalgúns minutos, e captan simples escenas cotiás. En España considérase que as primeiras imaxes filmadas son as da Salida de misa de doce del Pilar de Zaragoza.

Os primeiros filmes, como xa sabedes,  eran en branco e negro e non dispuñan de gravación sonora (o que hoxe chamamos cine mudo). Proxectábanse en barracóns provisionais  que se instalaban durante as festas en vilas e ciudades e tamén aparecen exhibidores ambulantes que percorrían as festas e feiras, enchendo de cine toda Galicia. Pouco a pouco trasladáronse aos teatros (como o Jofre en Ferrol ou o Principal en Santiago) ou construíronse locais estables dedicados a exhibir películas. Neles os filmes podían acompañarse de música en directo (tal como nos explicaron o pasado martes no concerto didáctico de Celanova) ou mesmo da figura do “explicador”, que ía  comentándolle ó público o que ocorría na pantalla.

Hoxe imos ver  un documental sobre unha figura fundamental dos inicios do cinema en Galicia: José Gil. El foi o primeiro cineasta galego, o primeiro produtor, o primeiro operador de cámara, o primeiro director. E sen embargo, e segundo Miguel Romero, director deste traballo, “José Gil é un gran descoñecido, unha figura inxustamente olvidada”. Miguel, estivo investigando na obra e na vida de José Gil durante cinco anos para deixarnos o testemuño dun galego emprendedor e visionario coma poucos que, de ter nacido noutras latitudes, estaría máis que recoñecido.

Nun primeiro momento as súas gravacións serán de tipo documental e parella á súa historia iremos vendo a evolución daquela Galicia de principios do século XX, a importancia da emigración, as primeiras industrias… Pero non só dirixiu documentais, a primeira película de ficción rodada en Galicia no1916, foi dirixida por José Gil. Titulábase Miss Ledya e nela actuou o propio Castelao.

Esta é a historia dun emprendedor no sentido máis amplo da palabra, fascinado pola imaxe pero tamén por calquera innovación tecnolóxica que fose xurdindo no mundo, e tamén a historia dunha vida truncada polos tráxicos acontecementos que lle tocou vivir.

Por último quixera agradecerlle a Miguel Romero que se encontra en plena rodaxe doutro proxecto a desinteresada cesión que desta súa película nos fai para poder exhibila no nosos centro.

Begoña Campaña

Tweet
« Chamados a participar da Súa Gloria
Camiñando cara a Gloria »

Xente Lendo

En Twitter

Follow
Seminario Menor
@smasuncion
  • Se fosen turistas, levarían gafas de sol - https://t.co/KkWz0F5Utd https://t.co/UoAkfp9Ogb about 18 hours ago
  • Campaña de Recollida de alimentos - https://t.co/P5UsjTtYPd https://t.co/LILnEjold2 10:33AM - 11 Dec 2019
  • Camiño de Santiago - https://t.co/bRTrXTVkP9 https://t.co/rU1hFx6915 10:20AM - 11 Dec 2019
  • Celebracións de Advento - https://t.co/XAeKLjtMja https://t.co/z52fEdVDWq 08:56AM - 5 Dec 2019
  • Campionato de Tenis de Mesa - https://t.co/slTp5tzclu https://t.co/eH562OOvou 04:20PM - 3 Dec 2019

Etiquetas

académico alumnos arte ayuda ayudas año de la misericordia barca de santiago camino de santiago caridad ciencias conferencias cultura curso 2013-14 curso 2014-15 curso 2015-16 curso 2016-17 curso 2017-18 curso 2018-19 curso 2019-20 deportes diócesis escola de pais exposición extraescolar felicidad festival inauguración letras libros misiones música navidad obispo oración ordenaciones padres paz peregrinación roma Santo Tomás semana cultural semda seminario teatro vocaciones

WP Cumulus Flash tag cloud by Roy Tanck requires Flash Player 9 or better.

Categorías

  • Circulares
  • Enlaces
  • Noticias

Páginas

  • Aviso Legal
  • Contacto
  • Curso Académico
  • Curso de Verano
  • Historia
  • Instalaciones
  • Plan de estudios
  • Saludo del Rector

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Enlaces
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

necessary Always Enabled

non-necessary