Conscientes da importancia que a lectura ten no desenvolvemento integral dos nosos alumnos, o Seminario Menor vén desenvolvendo dende hai anos un Plan Lector.
Como novidade, desde o pasado curso 2018-19, engadimos dúas actividades que pretendemos que teñan continuidade: o concurso “Búscase xente lendo” e o Blog de lectura xentelendo. O obxectivo que se busca con estas dúas actividades é o de manter unha actitude favorable cara á lectura como fonte de pracer e ampliación de saberes.
Coa chegada deste novo ano, 2020, volvemos ao ataque co noso blog de lectura. Volveremos a “presumir de lecturas”, a recomendar os nosos libros favoritos e a comentar as sensacións que nos provocan. Cremos que para os alumnos o feito de facelo a través dun ordenador é un aliciente, xa que para eles é un medio asociado a momentos de lecer e diversión. No blog informaremos sobre concursos, novidades literarias e calquera actividade relacionada coa literatura e a lectura que se desenvolva no noso centro. Convidamos a todo o que queira participar a facelo, alumnos, profesores, demais persoal do Centro e pais, cada nova achega será ben recibida. O curso pasado a participación dos pais foi tímida pero houbo achegas ben interesantes. Só tes que rexistrarte e xa poderás comentar ou engadir novos artigos no noso blog, anímate!
http://xentelendo.smasuncion.es/ (enlace na páxina web do Seminario)