No próximo mes de Febreiro, concretamente o sábado día 7, convócase o Encontro Diocesano de Adolescentes de entre 1º e 3º de ESO na Coruña. Moitas persoas (párrocos, catequistas, axentes de pastoral e xóvenes desta cidade preparan con moita ilusión este encontro ao que animamos encarecidamente ao alumnado do noso centro a participar. Será una xornada chea de diversión a través de distintas actividades (talleres, música, baile…) na que poderán coñecer, xogar e compartir con nenos e nenas da súa mesma idade, celebrando xunt@s a nosa fe.
O encontró comezará ás 11.00h e rematará sobre las 19.30h.
Podedes atopar máis información na circular que será enviada, e na pestaña de Pastoral da web.

