O colexio celebrou o Día de Santo Tomé de Aquino cunha xornada chea de significado, na que se combinaron actividades culturais e a celebración da misa. Ao longo do día, o alumnado participou en propostas que puxeron en valor a figura do santo, lembrando a importancia da cultura como camiño de crecemento persoal e comunitario.
O acto central da xornada foi a misa en honra de Santo Tomé, na que se destacou o valor do estudo unido á fe, dous piares fundamentais na tradición educativa do colexio. Durante a celebración, convidouse a toda a comunidade educativa a vivir o aprendizaxe non só como adquisición de coñecementos, senón tamén como unha busca sincera da verdade, iluminada pola oración.
Tal e como lembraba Santo Tomás de Aquino, é necesario unir o estudo coa oración para chegar á verdadeira sabedoría. Esta mensaxe serviu de fío condutor dunha xornada que reforzou o compromiso do colexio cunha educación integral, na que a formación académica e espiritual camiñan da man.

