Este martes o alumnado de 2º atopouse coa súa aula convertida nun salón árabe e á súa profesora de lingua castelá ataviada con hijab e caftán. Que ocorría? Pois que comeza un novo proxecto ao que puxemos o título de “As mil e unha noites”.
Con ese título, non podiamos comezar doutro xeito que non fose escoitando unha das historias que esa obra clásica da literatura árabe contén. Sentados no chan, en alfombras, arredor dun té, escoitaron 1º a narración en árabe, tal como foi narrada ao longo dos séculos, para despois escoitar unha das súas tradución ao castelán.
Como xa sospeitaredes pola posta en escena, este novo proxecto sociolingüístico aborda as pegadas que os árabes deixaron na nosa cultura, desde todas as perspectivas: histórica, arquitectónica, lingüística, científica…. Esperamos ser capaces de manter o interese dos nosos alumnos tal como Sherezade o fixo nas súas Mil e unha noites!


