O noso centro atópase esta semana inmerso na Semana de Orientación Universitaria, unha iniciativa dirixida a acompañar ao alumnado de 2º de Bacharelato no seu proceso de toma de decisións académicas de cara ao seu futuro universitario.
Neste marco, contamos coa presenza do profesor J.M Monterroso, catedrático da Facultade de Historia da Universidade de Santiago de Compostela (USC), quen impartiu unha charla informativa ao alumnado de 2º de Bacharelato sobre as probas de acceso á universidade (PAU). Durante a sesión, explicou o funcionamento das probas, resolveu dúbidas e ofreceu recomendacións prácticas para afrontar esta etapa con maior seguridade e confianza.
O profesor Monterroso é Catedrático de Historia da arte da Universidade de Santiago de Compostela. Con anterioridade foi profesor titular da Universidade da Coruña. Foi decano da Facultade de Xeografía e Historia da USC entre 2008 e 2016 e director do Departamento de Historia da arte da USC entre 2003 e 2008 e 2016 e 2021.
Actualmente é coordinador do programa de doutoramento en Historia, Xeografía e Historia da arte, así como coordinador do grupo de investigación Iacobus (Gi-1907) da USC.Agradecemos a súa disponibilidade



