logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Saludo del Rector
  • Plan de estudios
  • Instalaciones
  • Historia
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Contacto
  • Biblioteca

Acabamos… Comezamos!!

Publicada en 24 de febrero de 2017 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

As datas de Entroido marcan o fin da primeira parte da 2ª Avaliación; en breve chegarán ás casas as notas do 2º informe.

Son momentos de disfraces, de comidas, de desfiles, propios duns días de troula antes da recollemento que marcará a Coresma a partires do Mércores de Cinza.

No noso centro intentamos resaltar o aspecto gastronómico que encerra esta época na nosa terra. Por iso, nas últimas xornadas, os distintos alumnos participaron en grupiños en distintos obradoiros de cociña preparando o cocido, as filloas, orellas, rosquiñas, etc. Podedes botar una ollada na galería fotográfica…

Recordemos que o vindeiro mércores, estamos todos convidados a participar na imposición da cinza na Santa Misa presidida polo Sr. Arcebispo na catedral. Será ás 19:30 h., saíndo dende o Seminario coas familias dops internos ás 19:00 h.

O xoves e mailo venres teremos tamén tempo para as celebracións coresmais e, xa durante a fin da semana, a Convivencia trimestral.

Tweet
« Ultimando nuestra Semana Cultural
Programa da Semana Cultural »

Xente Lendo

Entre fogóns

En Twitter