Cambiamos de ano pero os bos costumes non os perdemos, así que as actividades arredor da lectura e a literatura seguen no noso Centro.
Por unha banda, o concurso Xente Lendo vai sumando selos no Pasaporte Lector. Un ano máis os alumnos compiten por ser “o máis lector” e gañar o premio final. Será algunha destas alumnas de 1º da ESO que amosan orgullosas os seus pasaportes?
Lembramos tamén o noso blog de lectura, no que se reflicten as distintas actividades relacionadas coa literatura que se desenvolven ao longo do curso e no que os alumnos comparten as súas escollas persoais. Botádelle un ollo, hai achegas ben interesantes.
E, por suposto, non esquecemos a creación, parte do alumnado anda a voltas neste momento coa presentación das súas composicións a distintos concursos literarios. Que teñan moito éxito.
Begoña Campaña