logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2024-2025
    • Contacto
  • Secretaría
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Prazos e aspectos do procedemento para as reclamacións finais.
    • Libros de texto. Curso 2024-2025
    • Material escolar curso 2024/25.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Entrega de notas e atención ás familias.
    • Calendario Fin de Curso.
    • Instrucións ABAU.
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
    • Formalización da matrícula
  • Instalacións
  • Actividades
    • Viaxe a Roma 2025
    • XII Semana Cultural 2025.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Outeiro de Belvís.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
  • Pastoral
    • Calendario de actividades Curso 2024-25.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • DOMUND 2024
      • Celebración do DOMUND.
    • Día do Seminario.
    • Día da Igrexa diocesana.
  • Biblioteca

Actividades na distancia… Luís Seoane

Publicada en 7 de mayo de 2020 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Os alumnos de 4º da ESO están estudando a poesía de posguerra galega e atopamos neste período un personaxe fundamental que é Luís Seoane.  Fundamental non só como autor literario (poeta, autor teatral, narrador…) senón como artista polifacético. Lembremos que, ao igual que Castelao, foi homenaxeado tanto co Día das Letras Galegas, en 1994, como co Día das Artes Galegas o ano pasado.

Fillo de emigrantes en Bos Aires, chega a Galicia con 6 anos. Estuda Dereito en Santiago e colabora na actividade cultural desenvolvida nos tempos das Irmandades da Fala. Co estalido da Guerra Civil volve, esta vez exiliado, a Bos Aires, onde continuará desenvolvendo unha actividade cultural frenética.

Volta a Galicia nos anos 60 e, xunto a seu inseparable amigo, Díaz Pardo, emprende unha das máis ambiciosas empresas culturais que se deron nunca en Galicia. Partindo da unión dos conceptos de Arte e Industria, e tomando como referencia experiencias como a Bauhaus, crean o Laboratorio de Formas. Isto daría lugar á refundación da fábrica de cerámica de Sargadelos e á  creación do Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside, do Instituto Galego de Información, das Ediciós do Castro, do Laboratorio Xeolóxico de Laxe e do Seminario de Sargadelos.

Os nosos alumnos, a través dun guión previo, foron descubrindo as distintas facetas de Luís Seoane e atoparon curiosidades como que Bos Aires ten establecida unha ruta turística para visitar os 25 murais que Luís Seoane pintou na cidade, 11 deles situados en lugares públicos (galerías comerciais e teatros) e 14 en halls de edificios particulares, ou que un anuncio publicitario mítico, como é o de Cinzano, era obra súa. A principal fonte de información foi o sitio web da Fundación Luís Seoane da Coruña: https://fundacionluisseoane.gal/gl/

Como mostra da sensibilidade artística e humana de Seoane, deixámosvos esta peciña que o Consello da Cultura Galega creou para a súa exposición Galicia 100. Obxectos para contar unha cultura. Tamén vos animamos a descubrir no noso blog de lectura xente lendo, con motivo do Día das Artes Galegas do ano pasado, a historia que conecta dalgún xeito a Seoane co noso Seminario a través da historia do sacerdote Manuel Espiña e a obra de Seoane “O Cristo obreiro”. 

https://www.youtube.com/watch?v=K1007oNjH3c

Begoña Campaña

Tweet
« Domingo do Bo Pastor
Actividades na distancia… Linguaxe cinematográfica »

Comedor escolar.

Residencia.

Formación do profesorado.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
Proxecto: "O encargo dos deuses"
Día de Rosalía de Castro 2024.
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR