logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saúdo do Reitor.
    • Calendario curso 2025-26.
    • Profesorado.
    • Historia
    • Equipo directivo.
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2025-2026
    • Contacto
  • Secretaría
    • Coñece o noso centro.
    • Libros de texto para o curso 2025/2026.
    • Libros de lectura para o Curso 2025/2026.
    • Material escolar para o Curso 2025/2026.
    • Matrícula curso 2025-2026.
    • Aberto o prazo de becas NEAE.
    • Aberto o prazo solicitude Bolsas de Estudo 25/26.
    • Axudas para adquirir libros de texto e material escolar. Curso 2024/25
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
      • Horario de inverno
  • Instalacións
  • Actividades
    • XIII Semana Cultural San Rosendo 2026.
    • Funeral de Benfeitores 2025.
    • Día de Acción de Gracias.
    • Castelao. Mirar por Galicia.
    • Programa Beda.
      • Good news!!
    • Grupo de teatro.
      • Representación “La Ratonera”
      • Representación: “La función que sale mal”
    • Club Deportivo Seminario Menor.
      • As nosas alumnas, presentes no Campionato do Mundo de Cross en Estados Unidos.
      • Bádminton: parabéns Sara Sanjurjo!
        • Triunfo de equipo.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Escolas católicas.
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Servizos
    • Orientación.
      • Talleres EAS.
  • Pastoral
    • Circular Encontro Diocesano de Adolescentes 2026
    • Recollida de alimentos.
    • Vixilia da Inmaculada 2025.
    • Día da Igrexa diocesana.
    • Domund 2025
    • Calendario de actividades Pastoral Curso 25-26.
    • Advento, tempo de respostas.
      • Celebracións do Advento.
    • Faladorio.
      • Faladoiro: “Peregrinos de esperanza”.
    • Día do Seminario.
  • Biblioteca

Acto Académico de Fin de Curso.

Publicada en 21 de junio de 2025 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Onte venres celebramos no noso colexio Seminario Menor a clausura oficial do curso académico nun ambiente cheo de emocións, lembranzas e agradecementos. A xornada comezou ás 11:00 horas coa celebración da Santa Misa presidida polo Sr. Arcebispo Mons. Francisco José Prieto, un momento de recollida e acción de grazas compartido por toda a comunidade educativa. A capela do centro acolleu esta eucaristía que, como cada ano, serve de peche espiritual ao traballo e á convivencia vividos durante o curso.

Tras a misa, alumnado, profesores e familiares gozaron dun refrixerio no patio, un tempo de lecer e convivencia que permitiu compartir conversas e sorrisos nun ambiente distendido.

Ás 12:30 deu comezo o acto académico de clausura, no salón de actos, presidido por unha mesa formada polo Reitor do Seminario D. Xosé Manuel Taibo, o Director D. Alberto Recarey, a Titora de 4º de ESO Dna. Rosalía e o Padriño de promoción D. Rodrigo. O Reitor foi o encargado de dar a benvida oficial, destacando a importancia de celebrar os logros acadados e de manter vivo o espírito de comunidade que caracteriza ao Seminario.

A continuación, o Director introduciu a entrega de premios académicos, facendo fincapé no esforzo, constancia e superación dos alumnos ao longo do curso. Seguidamente, tivo lugar a entrega dos premios, entregados polo propio Director e o Reitor, recoñecendo aos estudantes que destacaron polo seu rendemento e compromiso.

Un dos momentos máis emotivos da mañá foi a lectura da memoria de fin de curso por parte de D. Ernesto, unha viaxe polas actividades, saídas, proxectos e momentos especiais vividos ao longo do ano, que fixo aflorar máis dun sorriso (e tamén algunha bágoa) entre os presentes.

O acto continuou co recoñecemento aos alumnos de 4º da ESO, que poñen fin á súa etapa no centro. O Padriño da promoción dirixiu un discurso cheo de afecto e consellos para o futuro. En representación das familias, falou Ana Isabel López, nai dun alumno da promoción que se graduaba. Os alumnos tomaron a palabra a continuación, ofrecendo un discurso cargado de emocións, lembranzas e gratitude polos anos compartidos.

Acto seguido, realizouse a entrega das Becas, insignias e diplomas, símbolo do peche dunha etapa e do inicio dun novo camiño. A Titora e o Director dirixíronlles unhas palabras de despedida, nas que puxeron en valor a madurez e o crecemento persoal dos rapaces, desexándolles un futuro cheo de éxitos e felicidade.

Coa clausura oficial do acto, culminou a parte máis institucional da xornada, que rematou cunha foto de grupo nas escaleiras do centro cos alumnos de 4º de ESO, unha imaxe que pasará a formar parte da historia do Seminario.

Como broche final, celebrouse un aperitivo compartido coas familias de 4º, nun ambiente de confraternidade que puxo fin a unha mañá inesquecible.

Un curso máis chega ao seu fin, e con el unha etapa chea de aprendizaxes, amizades e experiencias que acompañarán para sempre aos nosos alumnos.

« ‹ de 68 › »

 

 

Tweet
« Encontro da Promoción de 1974
Representación grupo de teatro. »

Comedor Escolar.

« ‹ de 5 › »

Residencia.

Subvención do INEGA

Formación.

https://www.smasuncion.es/wp-content/uploads/2024/06/VID-20240620-WA0002.mp4
© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR