- Venres 21 de xuño. Santa Misa (10:30 h.) e Acto Académico (12:00 h.) de fin de curso. Neste día, por ser o fin dunha etapa de estudos, ocupan un posto especial os alumnos de 4º da ESO e as súas familias. Convidámolos a participar, na medida das súas posibilidades, nos distintos actos deste día.
- Luns 24 de xuño. Actividade para os alumnos gañadores do Concurso de San Tomé de Aquino 2019.
- Martes 25 de xuño. Entrega de notas e atención a pais, de 10:00 a 12:00 h. Se algunha familia non puidera achegarse nese horario rogamos se poñan previamente en contacto co titor do alumno en cuestión[1]. Nese día, ademais, os coordinadores recollerán os libros de préstamo que o centro facilitou aos alumnos ao comezo do curso e os que foron adquiridos mediante o cheque escolar[2].
- Martes 25 e mércores 26 de xuño. En horario de secretaría, prazo de reclamacións polas cualificacións da avaliación ordinaria.
- Martes 25 de xuño. Inicio da matrícula para o Curso 2019-2020. Poderán facer xa efectiva a súa matrícula aqueles alumnos que superen tódalas materias na Avaliación ordinaria de xuño. Recorden que o proceso de matrícula é distinto da reserva de praza que se lles facilitou nos pasados meses, aínda que, de telo feito, non será necesario o pago das tasas correspondentes.
- Venres 28 de xuño. Cursiño de ingreso para os novos alumnos do Curso 2019-2020.
- Luns 29 de xullo. Inicio do Curso de Verán para aqueles alumnos (tanto do noso centro coma de outros) que precisen reforzar contidos ou preparar materias para os exames de setembro. Poden consultar horarios e toda a información a través desta mesma páxina, na ventá habilitada para tal fin.
[1] No caso de ter que recuperar algunha materia en setembro, o profesor correspondente entregará unha ficha de traballo para facilitar a preparación de dita materia. É por iso que rogamos encarecidamente a súa presenza ou a de outro familiar neste día.
[2] Deberán traerse tódolos libros (ollo con aqueles que se compoñen de varios volúmenes) en correcto estado de conservación. No caso de ter que examinarse dalgunha materia en setembro, o coordinador volverá a entregar o libro correspondente.
Se algunha familia quixera participar no próximo curso do Fondo de préstamo, poderá entregar dunha forma libre os libros de texto propios utilizados durante o presente curso.