Os alumnos do Colexio-Seminario Menor da Asunción aproveitaron a saída do Sol estes días para poder ter clase ao aire libre mantendo sempre as medidas de prevención da COVID-19.
No aniversario do primeiro confinamento e asumindo as medidas antiCovid que aínda están en vigor, foi posible estes días poder desfrutar dos exteriores do noso centro para experimentar a beleza duns días que nos adiantan a primavera que pronto chegará.
Aínda que supoña, por parde de todos, un maior esforzo de concentración tamén supón unha subida de ánimo aproveitar a luz e a calor solar sempre esquivas na nosa cidade.
Alberto Recarey

