Nos corredores do noso centro loce estes días unha pequena exposición titulada “Interpretamos a Rosalía” con traballos realizados polos alumnos de 2º e 3º da ESO con motivo do Día de Rosalía.
Xa que a mellor homenaxe que podemos facerlle é ler e interiorizar a súa obra, desenvolveron unha actividade de lectura, análise e interpretación de varios dos seus poemas.
Coa axuda de imaxes tiradas de revistas ou da internet, cada un elaborou unha peza visual na que se reflicte a vixencia de moitos dos temas tratados pola autora: a soidade, a vaidade, a emigración, a dor existencial… Ademais, ao igual ca nós, Rosalía de Castro viviu na súa época unha epidemia, a do cólera, e así nolo conta nos seus poemas.
Aquí podedes ver o resultado das interpretacións dos nosos alumnos, desfrutádeas.
Begoña Campaña