Dende fai un par de cursos, o Seminario Menor foi receptor en varias ocasións de diversas donacións. Entre elas, varias vitrinas que están dispersas pola casa e nas que aproveitamos para facer pequenas exposicións, na súa maior parte con fondos da propia institución.
Nas vitrinas que se atopan nos atrios que rodean a Capela Xeral, colocamos nos últimos meses distintas exposicións. Tivemos ocasión de observar fondos documentais da nosa Biblioteca, unha fermosa colección de aves do Museo de Ciencias Naturais ou algúns obxetos relacionados coa Liturxia. Agora é o turno dun elenco de mamíferos do xa citado Museo de Ciencias Naturais do Seminario.
En breve poderemos ver diversas fotografías desta nova exposición. Mentres tanto, deixámosvos algunhas instantáneas da que acabamos de retirar.