Archivo del autor: Seminario Menor
Exposición sobre Drogas e Alcohol
Como colofón dos Obradoiros nos que participaron os alumnos de 4º ESO durante o primeiro trimestre, durante estos meses puidemos contar coa exposición de “Perigos do alcohol” e “Sinais de fume. Un percorrido polo cannabis” da Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias do Concello de Santiago; exposición pola que pasaron todos os alumnos do centro.
O pasado xoves clausuramos a exposición coa presenza de Jorge Carballido, psicólogo responsable da UMAD, que estivo explicándoa en duas sesións e respondendo as dúbidas dos alumnos de Bacharelato.
Dende aquí agradecemos a súa disponibilidade e atención adicada a alumnos e profesores ao longo das distintas semanas nas que tanto el coma os membros do seu equipo se desprazaron ata o Centro.
Yolanda Dómez
Conferencia sobre Nanotecnoloxía
O pasado martes, dende a Universidade Da Coruña achegáronse a nós a través da pantalla (por non poder ser nesta ocasión doutro xeito) para falarnos de Nanotecnoloxía.
O mundo nano, da orde de 10-9 m, e dicir 1 billoncésima parte do metro, é algo moi descoñecido. Máis non soamente para nós, senón tamén para a comunidade científica que ten moita investigación aínda por diante. Entre o átomo e o núcleo do átomo existe todo un mundo por descubrir. A esta escala todo cambia e mergullámonos nunha realidade onde os comportamentos que presenta a materia rachan co que estamos acostumados.
Contar co coordinador do máster de nanociencia e nanotecnoloxía da UDC permitíunos nunha hora lectiva saber das aplicacións máis punteiras neste campo e encontrar grandes conexións co que estamos a estudar nestes anos na materia de Física e Química. Charlas coma ésta abren a nosa mirada a novos tipos de traballo e proxectos que poden xurdir no futuro e dos que seremos protagonistas.
María Bandín


