Como colofón dos Obradoiros nos que participaron os alumnos de 4º ESO durante o primeiro trimestre, durante estos meses puidemos contar coa exposición de “Perigos do alcohol” e “Sinais de fume. Un percorrido polo cannabis” da Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias do Concello de Santiago; exposición pola que pasaron todos os alumnos do centro.
O pasado xoves clausuramos a exposición coa presenza de Jorge Carballido, psicólogo responsable da UMAD, que estivo explicándoa en duas sesións e respondendo as dúbidas dos alumnos de Bacharelato.
Dende aquí agradecemos a súa disponibilidade e atención adicada a alumnos e profesores ao longo das distintas semanas nas que tanto el coma os membros do seu equipo se desprazaron ata o Centro.
Yolanda Dómez