O curso de 2º Bacharelato, polas súas particularidades, ten o seu calendario propio.
O pasado venres celebrabamos coas familias a Eucaristía de Acción de Gracias por estes anos e tiñamos un sinxelo pero sentido Acto Académico. Agora toca a avaliación final e a entrega de notas e reclamacións a partires das 18:00 h. deste martes 22.
Aqueles alumnos que teñan superado tódalas materias poderán facer a prematrícula das ABAU os días 24 e 25 de maio, na secretaría do Seminario.
As probas da popularmente coñecida coma Selectividade terán lugar entre os días 12 e 14 de xuño.
Coma tódolos anos, o centro ofrece a posibilidade de acompañar aos alumnos nesta última e intensiva preparación a través dun plan personalizado de atención e repaso, a concertar có profesorado durante as dúas semanas que transcorren entre a prematrícula e as ABAU.