Fai uns días publicabamos na nosa web o calendario de exames de setembro. Deixámosvos aquí de novo o enlace: Calendario
Recordamos que é obrigatorio o uso de mascarilla no interior do centro escolar e que soamente se poderá permanecer no seu interior durante a realización das probas. Estará a disposición do alumnado xel hidroalcóholico e deberán respetarse as indicación de aforo e sentido único. A entrada farase pola chamada porta de externos.
O xoves, día 3, publicaranse as notas, quedando nos seguintes días os profesores á disposición das familias para calquera aclaración, previa cita.
A partir dese momento, estará aberto o prazo de matrícula, a formalizar na secretaría do centro, gardando en todo momento as medidas esixidas nesta nova normalidade. Recomendamos solicitar turno escribindo ao correo da secretaría: secretaria@smasuncion.es No caso de novos alumnos, o proceso de matrícula queda supeditado a unha entrevista previa con algún dos membros do equipo formativo.
Salvo indicacións de última hora, o curso escolar arrancará o 16 de setembro, incorporándose os alumnos internos na tardiña do día 15.