Este sábado, 11 de xaneiro, percorreremos unha nova etapa da nosa peregrinación cara a tumba do Apóstolo.
Estaba anunciado que un grupiño visitariamos nas vésperas as Covas do Rei Cintolo. Nembargantes, ditas covas están pechadas a consecuencia da cría de morcego. Teremos que deixar a visita para máis adiante.
Polo tanto, sairemos todos no horario e cos medios de costume: Ás 8:00 horas dende o Seminario Menor, nun autobús que nos levará ao comezo e nos recollerá no final da etapa.
Recordemos anotarnos enviando un correo á seguinte dirección: santiromero@smasuncion.es