Xa é todo un símbolo en Santiago a Carreira pedestre organizada polo Correo Gallego, que cada ano atrae a nosa cidade a milleiros de deportistas: máis de 5600 nesta edición. O Seminario Menor tamén quixo estar presente, mediante a participación dunha trintena dos nosos alumnos.
De entre todos eles, o primeiro en chegar á meta foi Juan Manuel Blanco Bermúdez, de 1º de Bacharelato. Dos máis pequenos, merece tamén unha especial mención Diego Álvarez Paz, de 1º da ESO, aínda que o esforzo de todos é un gran motivo de orgullo para todos nós.