Querida Comunidade do Seminario Menor: atopámonos xa na terceira semana de Coresma. Onte non houbo ocasión para recibir o separador desta semana: “Tengo sed”, pero envíovolo de xeito virtual.
Neste domingo lemos o Evanxeo da samaritana. Hoxe quizás tamén podemos dicir nos: “Teño sede”, coma lle dixo Xesús á samaritana. A situación que estamos a vivir fainos ter sede da vida que levabamos ata fai uns días, pero que recuperaremos se entre todos somos responsables e seguimos as indicacións das nosas autoridades.
Por iso, vos pido, do mesmo xeito que a samaritana o foi entre os seus, que vós sexades testemuñas nas vosas casas da paz, da serenidade, da ledicia que debemos ter os cristiáns tamén nestas situacións.
Non esquezades a oración diaria. Pedide polos que directamente e indirectamente están mais afectados por esta pandemia; e polos que traballan no eido da sanidade, que merecen todo o noso recoñecemento.
San Rosendo e a nosa Nai a Virxe, baixo a advocación de Nosa Señora da Asunción, camiñan connosco.
O Director Espiritual

