“Neste camiño coresmal lémbrovos a celebración das 24 horas para o Señor”. Estas palabras recollidas da Carta Pastoral para esta Coresma que o Sr. Arcebispo escribía fai uns días e a súa petición de que “nos nosos Seminarios se programen momentos de adoración ao Santísimo”, veuse reflectida na Xornada de Oración que vimos a celebrar neste xoves, 11 de marzo.
Comezaba a exposición do Santísimo ás 8.15 horas, participando nela a comunidade dos seminaristas. A partires das 8.30 e ata as 17.30, que foi o momento da bendición e reserva, por quendas de 15 minutos, foron pasando todos os alumnos para ter o seu ratiño de oración. Os profesores e profesoras, así coma po persoal da Casa tamén tiveron tempo para facerse presentes na Capela Xeral. Durante todo o día, houbo tempo para confesarse, xa que sempre houbo un sacerdote.
Foi un momento de oración intensa: a pandemia, as enfermidades dos nosos e a do Sr. Arcebispo, as vítimas do terrorismo, as vocacións á vida sacerdotal, consagrada e misioneira, o novo Bispo auxiliar, foron algúns dos motivos desta xornada, así coma tantos temas que quedan nese diálogo íntimo dos rapaces co Señor.
Pedímoslle ao Señor que esta xornada dedicada a El, nos sirva para renovar a fe, a esperanza e a caridade, coma nos pedía o Papa Francisco, na súa mensaxe de Coresma.
Director Espiritual