logo
Seminario Menor de la Asunción
  • Colexio
    • Saludo del Rector
    • Historia
    • Plan de estudios
    • Horarios Curso 2023-2024
    • Contacto
  • Secretaria
    • Horario Secretaría Curso 2023-2024
    • Aberto o prazo de solicitude de becas
    • Libros de texto. Curso 2023-2024
    • Formalización da matrícula
  • Instalacións
  • Actividades
    • Club Deportivo Outeiro de Belvís.
  • Fotos
  • Enlaces
    • Correo Electrónico Corportativo
    • Espazo Abalar
    • Antiguos Alumnos | SEMDA
    • Seminarios de Galicia
    • Seminario Mayor Compostelano
    • Arzobispado de Santiago de Compostela
    • Consellería de Educación
    • Comisión Interuniversitaria de Galicia
  • Biblioteca

Category Archives: Noticias

Cambio significativo no internado do vindeiro curso

Publicada en 19 de junio de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Fiesta+de+los+niños_0309[1]Destacamos aquí unha parte da reunión de pais desta tarde con información relevante de cara ao vindeiro curso:

– Ante todo debemos de ter claro que o Seminario non é nin debe de ser un colexio máis. Como tantas veces recordamos a súa razón de ser é o fomento e o coidado das vocacións ao sacerdocio.

– Neste sentido o internado ten unha serie de características propias. Non é unha residencia de estudantes, se non que persegue unha formación que vai moito máis alá do estritamente académico; abrande tamén o comunitario, o pastoral, o humano e o pastoral.

– Dende aí se entende a importancia que lle damos á vida de oración, a Eucaristía diaria, ao ámbito da convivencia comunitaria ou a relación coa parroquia.

– Nos últimos tempos temos a impresión de que este obxectivo primeiro e primordial está un tanto distorsionado por parte de non poucos alumnos e familias. E é algo do que todos debemos facernos conscientes para non dar lugar a enganos ou malentendidos.

– No vindeiro curso, tras estudalo e falalo detidamente co Sr. Arcebispo, tomouse a decisión de que os alumnos internos vaian as súas casas a práctica totalidade dos fins de semana, pero coa adquisición de certos compromisos que, para nós, son irrenunciables e que se resumen, fundamentalmente, en dous puntos:

         + Unha estreita relación coa vida parroquial, con todo o que iso implica.

         + Unha serie de datas de intensa convivencia ao marxe do estritamente académico e que se levarán a cabo nunhas convivencias trimestrais de fin de semana e noutras datas que, se se dera o caso, foran significativas.

– Isto, refírese, fundamentalmente aos alumnos internos, pero refírese tamén, en certa medida aos externos ou mediopensionistas. Unha vida de fe reducida ao ámbito do tempo que aquí pasamos é incongruente co que intentamos cultivar dende o Seminario. Debe de darse unha certa relación coa parroquia e poden participar, en certa medida, dos encontros que organicemos.

– Dito isto, tras falalo no equipo formativo, que ninguén dé por suposto a súa admisión no internado sen falalo antes co titor correspondente e estudar se se dan as condicións necesarias para dita solicitude.

Sobre el fin de curso

Publicada en 17 de junio de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Circulares, Noticias

Estimados pais e nais:

Antes de nada, reciban vostedes un cordial saúdo da Xefatura de Estudos do Colexio Seminario Menor.

O presente comunicado é para invitalos a participar nos actos académicos de fin de curso que terán lugar no noso centro o venres día 19 e coa seguinte distribución:

11, 30 h.- Celebración da Santa Misa.

12, 30 h.- Acto académico de Graduación dos alumnos de 4º de E.S.O., entrega de diplomas.

Así mesmo, convocámolos a unha reunión informativa para achegarlles as novidades relativas ao vindeiro curso académico 2015/2016. Terá lugar o mesmo venres 19, ás 16, 00 h., no salón de actos, para abordar os seguintes temas:

* Información dos proxectos e modificacións de interese para os alumnos e as súas familias.

* Cambios como consecuencias das modificacións da lexislación académica (LOMCE).

* Libros de texo.

Aproveitamos a ocasión para recordarlles que a entrega de notas será o vindeiro venres, 26 de xuño, ás 18:00 h., e o Curso de verán dará comezo o luns 3 de agosto.

Facemos extensiva esta invitación de xeito próximo e afectuoso a todas as familias para compartir estes felices momentos dos alumnos que rematan a Secundaria, así como para departir e conversar sobre este curso que remata e o proximo cuxo inicio xa se adiviña.

Un saúdo moi afectuoso, e agardamos velos este próximo venres.

A Xefatura de Estudios.

Sobre os libros de texto e as adquisicións de axudas

Publicada en 5 de junio de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

Despois das últimas comunicacións da Consellería de Educación, nas que deixa nas mans de cada centro a posibilidade de cambiar ou non os libros de texto nos cursos onde se iniciará a LOMCE, o Seminario Menor ven de decidir que manterá os mesmos manuáis a lo menos durante o vindeiro curso.

Do mesmo xeito recollemos aquí algunhas indicacións sobre as Axudas para á adquisición de libros e o Banco de libros de texto. Con respecto a este segundo apartado, recordamos que, xunto aos libros que deben ser entregados obrigatoriamente por aqueles alumnos que disfrutaron do chamado Cheque axuda, e omo se ven realizando nos últimos anos, o Seminario Menor agradece ás doacións de aqueles libros que as familias, libremente, queran poñer á disposición do centro para axuda de outros alumnos.

Libros

INFORMACIÓN AXUDAS ADQUISICIÓN LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2015-2016.

Estimadas familias:

Poñémonos en contacto con vos para informarvos das axudas para a adquisición de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2015/2016 da Consellería de Educación. Orde do 22 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).

 a) AXUDAS para a adquisición de libros de texto:

Requisitos para acollerse a esta convocatoria:

  • Estar matriculado en 1o e 3o de educación secundaria obrigatoria durante o curso escolar 2015/2016.
  • Tamén poderá acollerse a estas axudas o alumnado cunha discapacidade igual ou superior ao 65%, matriculado en 3o e 5o de educación primaria ou en 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria que non empregue os libros de texto do curso no que estea matriculado.
  • Ter devolto os libros de texto adquirido coas axudas do curso 2014/2015.

 Lugar e prazo de presentación:

     No propio Centro, ou no enderezo da Consellería: www.edu.xunta.es

      As solicitudes (anexo I) deberán presentarse en soporte papel, preferentemente no centro en que estea matriculado o alumno.

      Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo ordinario: do 25 de xuño ao 27 de xullo de 2015, ambos inclusive.

      Para o alumnado de educación secundaria obrigatoria que formalice a matrícula no prazo extraordinario: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2015, ambos inclusive.

 Documentación:

A documentación que hai que achegar nas ensinanzas e cursos obxecto desta convo­catoria é a seguinte:

  • Solicitude (ANEXO I) por duplicado.
  • Copia do DNI/NIE.
  • Libro de familia en que figuren todos os membros da unidade familiar.
  • No caso de discapacidade de algún membro da unidade familiar, documento acreditativo.
  • No caso de pais separados/divorciados, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.

 Contía das axudas:

– Familias monoparentais:

  • Renda per cápita familiar ata 6.000,00 euros: 180 euros.
  • Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.

– Resto das familias:

  • Renda per cápita familiar ata 5.400,00 euros: 180 euros.
  • Renda per cápita familiar desde 5.400,01 ata 9.000,00 euros: 104 euros.

 b) FONDO SOLIDARIO de libros de texto:

  • Ensinanzas e cursos aos que afecta: 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria.
  • Normativa: Orde do 21 de maio de 2015 (DOG do 1 de xuño).

Requisitos para acollerse a esta convocatoria:

* Estar matriculado en 3o e 5o de educación primaria ou 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria, nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2015/2016

* Ter devolto os libros de texto e/ou material reutilizable adquirido coas axudas do curso 2014/2015.

Presentación de solicitudes para o fondo solidario: Do 22 de xuño ata o 30 de xuño. Na Secretaría do Centro.

Documentación: (orixinais e copias)

  • Solicitude do Anexo I
  • Fotocopia do libro de familia completo.
  • No caso de pais separados/divorciados, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do causante.
  • No caso de discapacidade de algún membro da unidade familiar, documento acreditativo

Resolución do fondo solidario e distribución dos libros de texto.

Resolución provisional.

O 7 de xullo publicarase a resolución provisional do fondo solidario de libros de texto que consistirá en:

En 3o e 5o de educación primaria: unha asignación libros/alumno.

En 2o e 4o de educación secundaria obrigatoria, unha relación de solicitantes e un listado de libros dispoñibles.

Resolución definitiva.

A resolución definitiva do fondos solidaria publicarase o 15 de xullo para educación primaria e o 15 de setembro para educación secundaria obrigatoria.

Obriga de devolver. Todo o alumnado beneficiario de axudas no curso 2014/2015 ten a obriga de devolver os libros no centro docente antes do 19 de xuño, excepto que teña algunha materia pendente poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 4 de setembro.

De igual xeito procederá co alumnado que teña que devolver algún libro en setembro, sendo o prazo, neste caso, o 9 de setembro.

Para calquera dúbida dirixirse á Xefatura de estudos ou Secretaría.

Última etapa del Camino de Santiago

Publicada en 28 de mayo de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

ConchaEl próximo domingo, 7 de junio, realizaremos la última de las etapas del Camino de Santiago. En un principio habíamos programado acabar el mes pasado, con el tramo que transcurre entre Padrón y la ciudad del Apóstol, pero pareció más conveniente tener un día a mayores en el que más gente pudiera sumarse. Es por ello que desde aquí invitamos a todos los que quieran sumarse a esta corta, pero significativa, etapa.

Nos reuniremos el domingo, a las 10:00 de la mañana, en el Seminario y subiremos con nuestros coches hasta el Milladoiro. Tras la motivación con la que empezábamos cada una de las jornadas, nos pondremos en camino hacia Santiago; a penas 5 Km. Al llegar, iremos directos al Seminario, donde tendremos una comida de confraternidad. Para participar en ella es necesario apuntarse previamente. Según el número de comensales, fijaremos el precio (que será, como siempre, muy asequible).

Ya por la tarde, participaremos en la Santa Misa en la Catedral. Por ser la Solemnidad del Corpus Christi, tras la celebración, tendremos la oportunidad de participar en la procesión eucarística por las calles del casco histórico. A lo largo de estos días hemos sentido con fuerza como Cristo caminaba a nuestro lado; ahora seremos nosotros los que caminemos junto a Él.

Recordamos que pueden participar en esta jornada todos los que lo deseen, aunque no hayan venido a ninguna de las etapas anteriores. También en ese día entregaremos la Compostela a aquellos que hayan realizado todos los tramos del Camino o, a quien todavía le falta alguna etapa, la credencial (a la espera de que pueda completarlo por su cuenta).

Anímate a participar y, sobre todo, no dejes de anotarte previamente, para que podamos organizarnos. Hasta ese día!!!

Último encontro da escola de familias

Publicada en 27 de mayo de 2015 de Seminario Menor Publicado en: Noticias

6º

Xente Lendo

Entre fogóns

Categorías

  • Circulares
  • Noticias
  • Atras
  • 1
  • …
  • 146
  • 147
  • 148
  • 149
  • 150
  • …
  • 171
  • Siguente

Archivos

Categorías

  • Circulares
  • Noticias

Buscar

© Seminario Menor de la Asunción
Como la mayoría de webs, usamos cookies. Si continúas navegando aceptas nuestra Política de Privacidad.Aceptar Aviso Legal
Cookies y Política de Privacidad

Privacy Overview

This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary
Siempre activado
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Non-necessary
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
GUARDAR Y ACEPTAR