Que gusto da volver a atoparse os que compartiron durante tanto tempo horas de clase. E non só de clase, tamén de comedor, de deporte, de estudo, de oración, de excursións… de vida. E é que en Belvís, ao longo da formación é moito o que se chega a compartir.
Proba disto é que, aínda que pase o tempo, son moitas as promocións que buscan, polo menos unha vez ao ano, verse as caras e recordar vellos tempos entre os muros do Seminario.
Este fin de semana tocoulle aos que comezaron no ano 1969 e remataron no curso 1975-1976. Daba gusto ver como recordaban nomes, anécdotas, espazos… E todo dende a memoria agradecida.
Tamén nós queremos manifestar o noso agradecemento e orgullo cando os vemos volver á que é a súa casa.