Tras estes meses de confinamento, o Seminario Menor retomaba fai unhas semanas a actividade presencial para os alumnos de 2º de Bacharelato. Foron unhas semanas para repasar e afianzar o temario antes de coñecer as notas definitivas do curso.
O luns foi o día escollido para a avaliación ordinaria e a publicación das notas; tamén ese día aproveitaron os alumnos para facerse as fotografías pertinentes da orla escolar. Sabemos que este curso as circunstancias non son favorables para a celebración do acto de graduación e despedida, pero non renunciamos a el; Deus mediante, terá lugar no mes de setembro, acompañados xa polas familias e os compañeiros doutros cursos.
Inmediatamente despois de coñecer os resultados, este martes arrancamos coa preparación da ABAU (a antiga Selectividade). Serán tamén semanas de intenso traballo para prepararse da forma máis axeitada a unhas probas que este ano foron trasladadas ao mes de abril.
Mentres tanto, continuamos co traballo e a atención virtual nos cursos da ESO e 1º de Bacharelato. Soamente nos quedan dúas semaniñas…