Hoxe moito nos aleda felicitar o antigo alumno deste centro, Xavier Senín Fernández, gañador do Premio Nacional á Obra dun Tradutor do Ministerio de Cultura y Deporte. O galardón recoñece a calidade e meticulosidade das súas traducións ao galego, que abranguen dende clásicos como ‘O Quixote’ ata libros infantís.
É unha das figuras máis destacadas na tradución ao galego, con máis de cento cincuenta volumes publicados en distintas editoriais, entre eles os populares álbums de Astérix.
E debemos felicitalo, ademais, dobremente xa que a Real Academia Galega nomeouno académico correspondente o pasado mes de outubro.
Tivemos a sorte hai un par de anos de contar coa súa presenza nunha charla na que, ademais de falarnos da súa amiga Mª Victoria Moreno, homenaxeada co Día das Letras Galegas, falounos dos segredos do oficio de tradutor e, en particular, de Astérix.
Begoña Campaña